agregar al carrito
BUSCA OPOSICIONES DESDE AQUÍ
No hay productos en el carrito de la compra

Oposiciones de Arquitectos Técnicos Ayto Betanzos 2021

Especialidad: Arquitectos Técnicos - Ingenieros de la Edificación
Área geográfica: Galicia
Fecha Convocatoria: 18/03/2021
Plazas: 1
Grupo: A2

Descripción de la oposición
Oposiciones de Arquitectos Técnicos Ayto Betanzos 2021

18/03/2021. El Ayuntamiento de Betanzos convoca una plaza de Arquitecto Técnico mediante el sistema de concurso-oposición en turno libre. Las bases y el temario se pueden consultar en el BOP de Couña del 22 de diciembre de 2020.

El temario de la oposición es el siguiente:

Temario

A) Parte xeral

1. A Constitución Española de 1978: Principios xerais e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

2. O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. As institucións da Comunidade Autónoma. O Parlamento. O Consello da Xunta. O Presidente.

3. A Lei: concepto e clases. Disposicións normativas con forza de lei.

4. O Regulamento: concepto. Clasificación dos regulamentos.

5. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto. A eficacia dos actos administrativos. Nulidade e anulabilidade.

6. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación.

7. Finalización do procedemento: a obriga de resolver. O silencio administrativo.

8. Os recursos administrativos. Conceptos e clases, requisitos xerais.

9. O municipio. Elementos. Territorio e poboación.

10. A organización municipal. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Competencias municipais.

11. A función pública local. O persoal ao servizo da Administración local. Funcionarios propios das entidades locais.

12. Facendas locais: A Lei reguladora das Facendas Locais. Os recursos das Facendas Locais. Taxas e prezos públicos.

13. O Orzamento xeral das Entidades Locais. Elaboración e aprobación. Referencia ás Bases de execución do orzamento.

14. Os bens das Entidades Locais. Dominio público e bens patrimoniais.

15. A igualdade de xénero na administración pública. Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

B) Parte específica

16. Aspectos xerais da evolución do urbanismo en España. Distribución de competencias en materia de urbanismo. Lexislación estatal e autonómica. A Sentenza 61/1997 do Tribunal Constitucional.

17. O Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana. Antecedentes, obxecto e disposicións xerais.

18. O Réxime urbanístico da propiedade do solo: as situacións básicas do solo e actuacións de transformación en relación co réxime da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

19. Dereitos e deberes dos cidadáns. Réxime urbanístico do dereito de propiedade. Contido do dereito de propiedade segundo o Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro. Incidencias na transmisión de fincas e declaración de obra nova.

20. A Lei 10/95 de ordenación do territorio de Galicia. Os plans. O Plan de ordenación do Litoral. As directrices de Ordenación do Territorio.

21. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei do solo de Galicia: Réxime urbanístico do solo. Solo urbano. Solo núcleo rural. Solo urbanizable.

22. A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro: Réxime solo rústico.

23. Planeamento urbanístico. Límites de sustentabilidade e calidade de vida e cohesión social. División do solo urbano e urbanizable. Instrumentos de planeamento urbanístico: avaliación ambiental estratéxica dos instrumentos de planeamento urbanístico.

24. O Plan xeral de ordenación municipal: obxecto, determinacións, documentación. Planeamento de desenvolvemento dos plans xerais de ordenación municipal. Os plans parciais: obxecto, determinacións, documentación. Os plans especiais. Outras figuras de planeamento: delimitacións de solo de núcleo rural. Estudo de detalle. Catálogos.

25. Competencia para a aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal. Procedemento de elaboración e aprobación do planeamento de desenvolvemento.

26. Vixencia e modificación dos instrumentos de planeamento urbanístico. Modificacións dos instrumentos de planeamento urbanístico. Efectos da aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico. Rexistro de planeamento urbanístico de Galicia. Normas de aplicación directa.

27. Os proxectos de urbanización. Execución e conservación de obras de urbanización.

28. Intervención na edificación e uso do solo. Deberes de uso, conservación e rehabilitación. Ordes de execución. Rexistro de soares e venda forzosa.

29. Declaración de ruína. O expediente de ruína. Supostos. Tramitación. Edificios protexidos.

30. Intervención na edificación e uso do solo. As licenzas urbanísticas.

31. A comunicación previa de obras. Obras destinadas ao desenvolvemento dunha actividade. Actos promovidos por administracións públicas.

32. Parcelacións urbanísticas. Divisións de terreos no solo rústico. Usos e obras provisionais. Edificios fóra de ordenación.

33. Disciplina urbanística. Inspección urbanística. Protección da legalidade urbanística. Procedemento. Executividade. Suspensión e revisión de títulos administrativos. Supostos especiais.

34. Infraccións urbanísticas e sancións. Prescrición, persoas responsables, órganos competentes para a imposición das sancións, o procedemento sancionador.

35. Os réximes transitorios do Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, e da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

36. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Instrumentos de execución. Normas urbanísticas. Regulacións das condicións xerais de ordenación e aproveitamento.

37. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Instrumentos de execución. Normas urbanísticas. Conceptos e regulación dos espazos compoñentes das edificacións. Superficies.

38. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Clasificación e réxime xurídico do solo. Ordenación de sistemas. Sistema viario.

39. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Espazos libres e zonas verdes. Sistemas de equipamentos de dotacións. Sistema xeral de servizos urbanos e infraestruturas.

40. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Ordenación de sistemas. Solo urbano.

41. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Solos apto para urbanizar. Solo non urbanizable.

42. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Tipos de usos. Clases de uso. Parámetros de identificación e clasificación dos usos.

43. Normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Betanzos. Regulación dos usos.

44. Plan Especial de Protección e ordenación do casco histórico de Betanzos. Normativa urbanística. Disposicións xerais. Clasificación do solo. Cualificación do solo. Arqueoloxía. Condicións xerais de volume. Condicións hixiénico-sanitarias. Condicións xerais de uso. Condicións estéticas.

45. Plan Especial de Protección e ordenación do casco histórico de Betanzos. Normas particulares do casco histórico e normas particulares da zona de Protección

46. Plan Especial de Protección e ordenación do casco histórico de Betanzos. Do catálogo.

47. Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.

48. A Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.

49. Redacción de proxectos e dirección de obras. Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio.

50. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

51. Estradas e ferrocarril, lexislación estatal e autonómica. A Lei 37/2015, do 29 de setembro, de estradas. A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

52. A lexislación en materia de augas. Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico. Lei 9/2010, do 30 de xullo, de augas de Galicia.

53. A Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas. Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral.

54. A Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Camiño de Santiago. Bens catalogados do termo municipal.

55. A Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías.

56. A certificación de eficiencia enerxética. Real Decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación enerxética dos edificios. Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia.

57. A Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia. Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia.

58. O Real Decreto 505/2007, de 20 de abril, polo que se aproban as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións.

59. O Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.

60. O Código técnico da edificación (CTE). Disposicións xerais. Esixencias básicas.

61. Documento básico DBSI: seguridade no caso de incendio. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos documentos básicos.

62. Documento básico DBSUA: utilización e accesibilidade. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos documentos básicos.

63. Documento básico DBHS: salubridade. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos documentos básicos.

64. Documento básico DBHE: aforro de enerxía. Estrutura, contidos e conceptos xerais dos documentos básicos.

65. Real Decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

66. A normativa básica de instalacións na edificación: RITE, REBT. Disposicións sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos servizos de telecomunicacións. Real decreto Lei 1/1998.

67. As comunicación previas e as declaracións responsables. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e a competitividade económica de Galicia. Regulación integrada do exercicio de actividades.

68. O Decreto 144/2016, do 22 de setembro, de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos. Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia.

69. A Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Real Decreto 2816/1982, do 27 de outubro, do Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.

70. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

71. A Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia.

72. A Lei 37/2003, do 17 de novembro, de ruído. Real Decreto 1367/2007. Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica en Galicia.

73. Ordenanza ruídos municipal.

74. O Real Decreto 105/2008. Produción e xestión dos residuos da construción e derrubamento. Concepto. Obrigas do produtor de residuos de construción e derrubo.

75. Disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción. Real Decreto 1627/1997: Disposicións específicas nas fases de proxecto e execución das obras. O coordinador de seguridade e saúde. Estudo de seguridade e saúde. Plans de seguridade e saúde.

76. As medidas preventivas de control de calidade na construción. Decreto 232/1993, do 30 de setembro, sobre o control da calidade na edificación de Galicia.

Aviso Legal y Condiciones de compra | Política de Privacidad | Política de Cookies  | © 1996-2021 La Escuela de Oposiciones Técnicas

Contacta con nosotros

 918289688 | 637200311


¿Prefieres que te llamemos?

Su Email se envio con exito.

Hubo un erro al enviar el email.